O Concello as Somozas comeza os traballos de pintado, limpeza e instalación de luz LED dos báculos de Pena de Eiriz e A Toca.

A finalidade desta intervención consiste en acadar unha mellora das condicións luminosas da vía, así como unha óptima eficiencia enerxética empregando luz LED.

Asimesmo, instaláronse proteccións das luminarias punto a punto no cadro mediante a instalación de garantía contra sobretensións, permanente e transitorias.