O Concello das Somozas organiza obradoiros de acordeón e gaita desde outubro de 2025 ata xuño de 2026.
As clases do curso de gaita terán lugar os mércores, en horario de 20:00 a 21:30 horas no Local Social de A Toca. Esta actividade consistirá nunha sesión semanal de ensino práctico e teórico da gaita galega, adaptada ao nivel do alumnado (iniciación, medio ou avanzado). Inclúe tamén traballo sobre técnica, afinación, interpretación e repertorio tradicional.
Para permitir a asistencia a ambos cursos, o curso de acorderón celebrarase os martes no Local Social de A Garita, en horario de 20:00 a 21:00 horas.
Para máis información e a realización da matrícula, as persoas interesadas deberán acudir á casa do Concello, en horario de 9:00 e as 14:00 horas.
