Nestas datas tan sinaladas, o Concello das Somozas fixo entrega ao alumnado do CEIP O Marbán dos exemplares do libro “A gaviota de Claudiniño e o Gorrión da praza”, de Rafael López Loureiro, antigo profesor do centro.

Os beneficios desta edición solidaria van destinados á Asociación de Axuda á Infancia Oncolóxica de Galicia (ASANOG), que realizan unha gran labor en favor das nenas e nenos que padecen cancro.

Moitas grazas polo voso traballo!