O Concello das Somozas activa unha canle de WhatsApp para informar da actividade municipal:

  • Trátase dunha liña unidireccional de comunicación coa que a veciñanza pode recibir anuncios directamente nos seus teléfonos móbiles.

  • Para iniciar o servizo débese enviar unha mensaxe a través da aplicación coa palabra ALTA ao número 604 065 320.

As Somozas, 28 de xullo de 2021 – O Concello das Somozas acaba de activar unha nova canle de comunicación a través da aplicación WhatsApp. Trátase dunha liña unidireccional na que a veciñanza só poderá recibir mensaxes. 

Para activar o servizo será necesario enviar a palabra “ALTA” a través da aplicación ao número de teléfono 604 065 320. Unha vez procesada a alta, calquera persoa poderá recibir información municipal directamente no seu teléfono móbil.

Entre outros usos, a través desta canle enviaranse novas sobre a xestión municipal, datas de eventos culturais, deportivos, actividades de asociacións locais ou convocatorias de calquera tipo.

O Concello das Somozas configura así unha nova vía de comunicación coa veciñanza que se suma ós seus perfís oficiais de Facebook, Twitter e Instagram, ademais da páxina web.

As bases de uso do servizo de WhatsApp están subidas na páxina web municipal, nesta ligazón, para que calquera persoa poida consultar as condicións do servizo e os avisos legais pertinentes.