O Concello das Somozas poñerá en marcha unha nova edición do taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, que estará dirixido a persoas de 60 anos ou máis (tamén poden anotarse persoas interesadas que cumpran os 60 no ano en curso).

Este obradoiro ten como obxectivos principais diminuir os esquecementos cotiás, aumentar a capacidade memorística, mellorar o estado de ánimo, fomentar as relacións sociais ou mellorar o funcionamento dos procesos cognitivos básicos, entre outros.

A actividade levarase a cabo do 25 de marzo e ata o 3 de xuño, no Centro Cívico Municipal de Garita e terá lugar os luns e mércores en horario de 15:30 a 17:30 horas.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 22 de marzo nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello ou no teléfono 981 40 41 01, en horario de 10:00 a 14:00 h

Foto no taller de memoria da edición do ano 2023

Foto no taller de memoria da edición do ano 2023