A Fundación Naturgy impulsa tres cursos de formación vinculados á repotenciación do parque eólico das Somozas.
A formación profesional para a empregabilidade en dixitalización de redes eléctricas e a FP para empregabilidade en mantemento de parques eólicos xa contan con data para realizar matrícula, do 6 de outubro ao 14 de novembro e do 3 ao 19 de novembro, respectivamente.
No que á formación profesionalizada en mantemento de parques eólicos respeta, aínda non conta con prazo de inscrición.
Obterás máis información entrando na páxina web de Naturgy (https://www.fundacionnaturgy.org/educacion-y-divulgacion/formacion-profesional-para-la-empleabilidad/formacion-profesional-reglada/), onde tamén poderás formalizar a solicitude ao curso que corresponda.