O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro venres, 8 de novembro,  a actividade N+1 Teatro Circo Danza | Circanelo, a partir das 20:00 horas.

‘Circanelo’ ofrecerá teatro xestual, acrobacias, danza, espontaneidade, sorpresa e diversión, ademais de entusiasmo, tenrura e inxenio. A obra relata a historia dun personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo a toda costa.

O público acompañarao nesta viaxe por un mundo de emocións, xogos e improvisación atentos aos conflitos deste pallaso que non dubida en expoñerse, en mostrarse para chegar a grandes e a nenos/as.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).