A Corporación Municipal das Somozas, xunto ao persoal municipal, gardaron un minuto de silencio, no pleno celebrado hoxe, en memoria das vítimas nos tráxicos sucesos acontenidos na Comunidade Valenciá e en Castela-A Mancha, a consecuencia das fortes tormentas da Dana.
O alcalde, Juan Alonso Tembrás, tamén fixo lectura dunha declaracion constitucional.
O Concello das Somozas manifesta o seu fondo pesar ante esta catástrofe e traslada as máis sinceras condolencias e ánimo a familiares e persoas achegadas das vítimas, así como todo o apoio e agrademento ao persoal de emerxencias que están a traballar sen descanso.