Onte, luns 13 de maio, comezou a semana da mellor forma, albergando no Centro Cívico das Somozas o espectáculo infantil ‘Luísa Villalta e o violino’, de Carmen Domech e Olga Abad.
A función consistiu nunha viaxe no tempo ata atoparse con todas as autoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas dende 1963 ata a actualidade, a través de sombras chinesas, muíños de vento, avións cheos de poesías e un caderno de debuxo sobre a vida e obra de Luísa Villalta.
Esta actividade, enmarcada na programación de Letras na Primaveira, supuxo un total éxito para o desfrute dos nenos e nenas da nosa localidade.