Este outono, a Axencia de Lectura das Somozas, dentro do ODS 3 Coidado da Saúde, anímate a coidar da túa saúde mental a través do libro Por si las voces vuelven, de Ángel Martín.
Ángel Martín é presentador, monologuista, guionista, actor, músico, streamer, así como tamén un dos humoristas más coñecidos en España. (Podes seguilo en Instagram, X, Facebook)
Por si las voces vuelven é a testemuña da súa doenza. Neste libro manifesta que falar salva vidas e que se escoitamos ben as voces non necesitaremos tocar fondo para reconstruírnos desde cero.
Este relato é valente e honesto, claro e auténtico. Axuda as persoas que estean padecendo, e as que queiran, a comprender que significa vivir con trastornos mentais para derribar tabús sobre as enfermidades mentais.
Unha lectura necesaria e moi recomendada, dentro do plan e información e sensibilización da Axenda 2030.
