O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro 22 de setembro a obra ‘La Taberna de Susa’, a partir das 20.30 horas.

‘La Taberna de Susa’ está situada no medio do Camiño de Santiago e nela entablarase unha batalla cómica para ver cal dos dous homes que ese día caeron polo local, o aldeán Don Florencio ou o peregrino Don Sereno, levaranse o «amor» e a repentina herdanza que lle chegou á taberneira.

Esta comedia busca sobre todo levar un pequeno fragmento do mundo medieval aos pobos e ás cidades. É ideal para facer como teatro de rúa ou en sala.

As risas están aseguradas!

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).