A Agrupación Deportiva Cultural O Santiaguiño organiza a IV Andaina Santiaguiña Solidaria, unha cita xa consolidada no calendario local que combina actividade física con compromiso social.
A andaina celebrarase o vindeiro 30 de decembro, con saída ás 17:30 horas desde a praza do Concello. O percorrido será circular, con inicio e remate no mesmo punto.
O prezo de inscrición é de 10 euros para adultos e 5 euros para nenas e nenos, e a totalidade das doazóns irá destinada á ONG Fundación Meniños, contribuíndo así a unha causa solidaria de grande valor social.