O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se actualizan as zonas demarcadas pola presenza da praga da couza guatamalteca da pataca.

Este feito obriga a declarar a parroquia de Santiago Seré como nova zona tampón ao tratarse dunha parroquia lindeira coas zonas infestadas.

Os agricultores desta zona deberán comunicar, con prazo límite o 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca.

Desde o Concello de As Somozas póñense a disposición da veciñanza para resolver calquera dúbida ao respecto, podendo contactar directamente co Concello chamando ao 981 40 41 01.

Accede a toda a información publicada no DOG.