A piscina descuberta municipal das Somozas abrirá as súas portas do 24 de xuño ata o día 15 de setembro, de luns a domingo, en horario de 14:30 a 20:30 horas.

Todas aquelas persoas que xa dispoñan do abono ao pavillón multiusos terán acceso gratuito ás instalacións (deberán indentificarse con algún documento acreditativo con foto).

Tamén, as persoas que o desexen poderán solicitar o abono á piscina na Casa do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas. Ademáis, as persoas aboadas á piscina descuberta terán acceso ao ximnasio do pavillón multiusos o cal terá o seguinte horario nos meses de xullo e agosto: luns a venres de 10:00H. A l3:00h e de 18:00h a21:00h.

As tarifas para quenes non esteñan aboados ao pavillón multiusos serán:

  • Entrada individual diaria de adultos – 2,50€
  • Entrada individual diaria de nenos/as (ata 14 anos inclusive) – 1,30€
  • Abono mensual adultos – 25,00€
  • Abono mensual nenos (ata 14 anos inclusive) – 20,00€
  • Abono menusal familiar – 40,00€

As entradas diarias poderán pagarse con tarxeta nas mesmas instalacións da piscina.

Consulta o bando aquí.