O Centro Cívico das Somozas acolle o vindeiro venres, 15 de novembro,  a actuación de Hipnótica Teatro | Expedición las Nadies, a partir das 20:00 horas.

Unha actuación maxia e monicreques para público familiar.

Esta obra xorde co obxectivo de xerar novos referentes na sociedade visibilizando ás mulleres. Usamos trucos de maxia, manipulación de monicreques, malabares e música en directo.

Sinopse:
Chegan de lonxe Ida a Intrépida e Lisa Frouxa Risa. Percorreron selvas, subido montañas e sucado ríos en busca do apreciado Templo da Sabedoría pero cando o atopan.sorpresa unha nova aventura comeza.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).