A proposta gastronómica da campaña “Galicia Sabe Amar” da Xunta de Galicia fará mañá, mércores 10 de setembro, unha parada en As Somozas.

A foodtruck estacionará na praza do Concello en horario de 13:00 a 19:00 horas.

As persoas asistentes poderán gozar unha degustación de petiscos nos que o ingredente estrela é o pescado.

O obxectivo é poñer en valor os produtos galegos e aos profesionais deste sector que contribúen ao subministro dun alimento de enorme calidade.