Xa están aquí as Festas na honra de Santiago Apóstol!

Comezarán o mércores, 24 de xullo, coas orquestras La Fórmula e Panorama.

O xoves 25 de xullo terán lugar varias misas na capela de San Roquiño. Serán ás 10:00 horas, ás 11:00 horas e ás 12:00 horas.

Ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión na Igrexa parroquial.

A sesión vermú estará amenizada polos grupos musicais Tafornelos e Galilea. Pola noite actuarán as orquestras Galilea e Gran Parada.

O venres 26 de xullo celebrarase unha misa solemne na igrexa parroquial ás 13:00 horas. A sesión vermú estará amenizada pola orquestra Solara.

Pola noite volveremos desfrutar da súa música e da orquestras Cinema.

O sábado 27 de xullo Andrés Balado renderá unha homenaxe aos clásicos do rock nun gran concerto. Será ás 22:30 horas.

O domingo 28 de xullo celebrarase a Festa do Neno dende as 17:00 horas.