O sábado, 21 de Setembro, a parroquia do Recemel celebra a súa festa na honra de San Roque 2024.

Unha gran celebración que terá lugar ao longo de todo o día e que contará coa seguinte programación:

  • Ás 13:30 horas misa na honra de San Roque.
  • Fogos de artificio e sesión vermú acargo do Duo Boreal.
  • Ás 14:00 horas pregón da man de Xurxo Souto.
  • De seguido xantar popular con menú para todas as idades.
  • Sesión de tarde por Dúo Boreal.
  • Ás 21:00 horas petiscos variados de empanada, panceta e xamón asado seguidos de conxuro e queimada.
  • Á noite gran verbena co Dúo Boreal e Dúo La Mecánica.

Podedes mercar os tickets para participar no xantar popular, ata o día 15 de setembro, no bar A Rodela e o Bar Tembrás.

Reserva de mesas para grupos chamando aos teléfonos: 647 848 996 (Orlando) e 682 061 032 (Carlos).