O vindeiro luns, 28 de xullo, os nenos e as nenas das Somozas poderán desfrutar dunha xornada de xogos de todo tipo na área recreativa O Carballo.

Haberá inchables, festa da escuma, karts a pedais, festa holi, tirolina xigante, pintacaras e flocos de millo entre as 17:00 e as 20:00 horas.