A Asociación de veciños de Santa María de Seixas, en colaboración co Concello das Somozas, organiza unha excursión a Portugal o vindeiro 20 de abril.
 
Que imos facer?
Viaxe en autobús, visitar a Fortaleza de Valença do Minho, comida tradicional portuguesa, visita aos xardíns do Pazo de Lourizán e visita a Combarro.
 
A saída será ás 8:00 horas desde a escola de Seixas e o prezo (incluído bus e comida) será de 25 euros para os socios da asociación de veciños Santa María de Seixas e 30 euros para os non socios.
 
Será preciso inscribirse, ata o 16 de abril, no teléfono 619 878 222 (Cris). O pagamento realizarase en efectivo o día da excursión. A inscrición da excursión obriga directamente ao pago.