A Asociación de Veciños ‘A Cañota’ da Toca, en colaboración co Concello das Somozas, promove unha saída á Costa da Morte o vindeiro sábado 30 de maio, co obxectivo de achegar aos veciños e veciñas algúns dos puntos máis espectaculares do litoral galego. A viaxe contará cun itinerario que inclúe paradas na fervenza do Ézaro, así como visita das vilas de Fisterra e  Cee.
O autobús partirá ás 8:00 horas da Toca. Todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes do 24 de maio, tendo en conta que as prazas son limitadas e cubriranse por orde de reserva.
O prezo da actividade é de 25 euros para os socios da entidade organizadora e de 30 euros para o público en xeral. Para reservar a praza ou resolver calquera dúbida, a organización facilita tres teléfonos de contacto: o de Bea (669 38 65 65), o de Alfredo (677 54 23 50) e o de Belén (627 93 36 17).