A asociación de Veciños ‘A Cañota’ – A Toca organiza, coa colaboración do Concello das Somozas, unha excursión para viaxar a Cantabria os vindeiros días 4 e 5 de outubro.

As persoas que participen visitarán Comillas, Santillana del Mar, as Covas do Soplao e Santander.

O prezo é de 115 euros para socios/as, ou 125 euros para non socios/as, e inclúe pensión completa, aloxamento, autobús e entrada para visitar as Covas do Soplao.

As prazas son limitadas e deberase realizar a inscrición antes do martes 30 de setembro a través dos teléfonos 669 386 565 (Bea), 677 542 350 (Alfredo) ou no 627 933 617 (Belén).