O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acollerá o 5 de decembro, partir das 20:00 horas, o espectáculo ‘Unha volta no acordeón’.

Acordeon 2.0 ofrecenos un percorrido musical por todo o mundo, dende o Tango Arxentino pasando por Brasil, Venezuela, Irlanda, Francia, Italia ,España e por suposto Galicia. Este dúo de acordeóns farannos desfrutar a todos os amantes de este instrumento durante aproximadamente 90 min de show.

Concerto destinado para todos os públicos. 

Actividade dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.