¿Cáles son os servizos que ofrece aos cidadáns o Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello das Somozas?

Os principais servizos que se ofrecen son: S. De Información, Orientación e Asesoramento; e o Servizo de Axuda no Fogar.
O Servizo de Información é un programa básico dos Servizos Sociais, e pretende facilitar o acceso a todos os veciños das Somozas aos distintos recursos sociais, tanto do sistema Público de Servizos Sociais como calquer outro de Protección Social. Entre os servizos e actividades propias destacan:

  • Entrevistas individuais e colectivas, onde se recollen as demanadas das persoas, e todo tipo de datos que axuden a realizar un diagnóstico da situación problemática.
  • Visitas domiciliarias.
  • Difusión de convocatorias, recursos ou actividades.
  • Valoración profesional de casos, problemáticas e demandas.
  • Intervención.
  • Evaluación dos resultados.
  • Asesoramento e orientación de demandas individuais e/ou colectivas.
  • Derivación a servizos especializados, cando así o requira a situación; pero en todo o caso, asistencia nos trámites necesarios para acceder a recursos que incidan no benestar das persoas.
  • Coordinación con outras administracións tanto no Concello como fora del.

Infórmase sobre pensións e prestacións, axudas económicas a colectivos desfavorecidos, obtención do grao de discapacidade e os seus beneficios, e sobre todo, facilítase o acceso a recursos sociais con información sinxela e xestións para evitar desprazamentos innecesarios ou difíciles para os nosos veciños, especialmente os que teñan limitacións.

En canto ao Servizo de Axuda no Fogar; ten por obxetivo prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, para mellorar a súa calidade de vida e lograr a permanencia no seu domicilio e no seu medio habitual. Atendemos a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade; especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno. Préstanse atencións persoais como: axuda no aseo, para vestirse, acostarse, apoio nos cambios posturais, etc. Tamén atencións e organización doméstica: limpeza na vivenda, elaboración de comidas seguindo criterios saudables, lavado e coidado de roupa, etc. Por outra parte, e debido á dispersión da poboación, e necesario acompañar a algún usuario ao médico, a realizar xestións administrativas, etc.

¿Proxectos/actividades nos que se está traballando?

Nestes días estamos organizando un Obradoiro de Memoria para persoas maiores, que realizamos dende hai anos, e que conta con moi boa acollida. Polo que aproveito a ocasión para recordarlles aos interesados que a primeiros de maio empeza este Obradoiro. Tamén lles informo que está aberto o prazo para solicitar  prazas nos Balnearios; e que está previsto que se poida solicitar prazas nas vacacións do IMSERSO.

Estamos pendentes de convocatorias que abran, de recursos axeitados a problemáticas ou demandas coñecidas, e en definitiva, a facilitarlles o acceso a aqueles veciños que o necesiten.

¿Cal está previsto para dar cobertura ás demandas sociais do municipio?

O mellor instrumento que temos é a información; por iso tentamos asesorar con detalle e de xeito sinxelo de todos os recursos sociais cós que contamos, aínda que non dependan directamente de nós. O noso obxectivo é facer de ponte entre os veciños (especialmente aqueles que non dispoñen de coñecementos, habilidades ou medios) e as distintas administracións; pero sempre facendo partícipes ás persoas para que melloren ou manteñan as súas capacidades.

¿Principais necesidades destacadas polos veciños?

Polo estudio das demandas presentadas e dos sectores da poboación que maioritariamente son atendidos nos Servizos Sociais das Somozas, observamos que as persoas maiores e/ou con discapacidades son as que máis acuden ao Departamento; e que as necesidades máis comúns son de tipo económico, tanto solicitando prestacións como exencións ou outro tipo de beneficios.

Tamén o Servizo de Axuda no Fogar é moi demandado, xa que o número de persoas maiores é moi alto no noso Concello. Si contamos coa financiación necesaria, gustaríanos aumentar o número de casos atendidos nos próximos meses.

Entrevista realizada a Montserrat Abeledo Vicos
Departamento de SS.SS Concello As Somozas

Obradoiro de Memoria realizado por el Concello el año 2014