O Centro Cívico das Somozas acolle o  27 de decembro a actuación de Dúo estrellas | Os fanego, a partir das 20:00 horas.

Unha actuación de baile/musical para público adulto.

Un dúo de música bailable que se adapta a públicos de todas as idades para amenizar verbenas e todo tipo de eventos. Repertorio conformado por cumbias, merengues, bachatas, vals… e tamén reguetón, pop, rock… para a rapazada. Animarán a interactuar e dinamizar co publico para asegurar que a festa é un éxito.

Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).