O Instituto para la Transición Justa organiza un novo curso formativo gratuíto sobre xestión de residuos e carretilla elevadora no Concello das Pontes.

Os requisitos para participar son os seguintes:

  • Ser traballador excedente das plantas térmicas e estar inscrito na bolsa de emprego do Instituto para la Transición Justa.
  • Estar en situación de desemprego, ter 52 anos, e estar empadroado nalgún dos Concellos pertencentes aos Convenios de Transición Justa, como é o Concello das Somozas.

Terá lugar na Casa Dopeso (Rosalía de Castro nº28, As Pontes), a partir do xoves, 12 de setembro, en horario de 9:00 a 14:15 horas.

Poderedes inscribirvos na sesión informativa que terá lugar este xoves, 5 de setembro, ás 10:00 horas, na Casa Dopeso.