O programa de Microcredenciais Universitarias da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), abre unha convocatoria de formación gratuíta financiada con fondos europeos. Esta iniciativa busca achegar o coñecemento académico ao rural galego, ofrecendo títulos oficiais da USC con validez en toda a Unión Europea.
O curso “Como usar a Intelixencia Artificial (IA) no día a día” é unha das propostas destacadas. As persoas interesadas aprenderán desde os conceptos básicos da IA ata o manexo práctico de asistentes virtuais como ChatGPT ou Gemini, a xeración de imaxes e aspectos críticos sobre a privacidade e a protección de datos.
A formación, totalmente de balde e cunha duración de 10 horas, está deseñada para ser inclusiva e flexible. Poden participar persoas de entre 25 e 64 anos, sen necesidade de contar con formación previa nin estar empadronadas no concello. Os grupos serán reducidos, dun máximo de 12 alumnos, e a formación combinará formación presencial con titorización en liña.
O curso impartirase os días 18,19 e 25 de maio no Centro Cívico Sociocultural, en horario de 17:00 a 20:00 h. As persoas interesadas poderán inscribirse a través do teléfono 627 476 369 ou do correo electrónico [email protected], enviando a fotocopia do DNI (2 caras). As prazas asinaranse por estrito orde de chegada.