Cada mes desde a Axencia de Lectura das Somozas contarán contos orientados aos máis pequenos da casa.

AS NAIS/PAIS/AVÓS/TÍOS/IRMÁNS/CURMÁNS MAIORES…TAMÉN PODEN VIR?
Os que teñan de 0-5 anos terán que vir acompañados, os de 5-8 anos está á vosa elección. Todos/as sodes benvidos.

QUEN VAI CONTAR OS CONTOS?
Os contacontos faraos o persoal da Axencia de Lectura que poderá contar con colaboración doutras persoas invitadas.

CANDO É? ONDE?
O último mércores do mes, de 17.00-17.45 h. de 0-5 anos, na Axencia de Lectura Municipal das Somozas. (Acompañados)
O último mércores do mes, de 18.00-18.45 h de 5-8 anos, na Axencia de Lectura Municipal das Somozas.

TEÑO QUE INSCRIBIRME?
Si, porque vas facilitar ter todos os materiais precisos.

ONDE PODO INSCRIBIRME?
Enchendo o formulario de inscrición https://forms.gle/HTnivcF6Ho5FRvRu9 ou acudindo á Axencia de Lectura, escribindo ao enderezo electrónico: [email protected] ou chamando ao 881 04 84 66 (en horario de 10:00-13.00 h ou de 15.00-20.00 h)