A biblioteca da Deputación da Coruña lanza unha nova edición do concurso de microrelatos ‘Hoxe Escribo En’ e na que participa o Concello das Somozas.
Unha proposta coa que búscase poñer en valor o patrimonio, a historia e a cultura dos concellos da provincia da Coruña a través de relatos de menos de 500 palabras.
Os participantes deberán ser maiores de idade, terán que presentar relatos orixinais os cales nunca antes se presentaran noutros certames, e deberán ambientarse ou facer referencia a algún dos diferentes concellos da provincia da Coruña, non sendo necesario que o concursante resida no mesmo.
Como aliciente, o certame contará con sorteos de diversos lotes de productos así como premios para os tres mellores relatos do concurso:
- 1º premio: Estancia para 2 persoas nun establecemento rural da provincia da Coruña almozo e cea incluído.
- 2º premio: Estancia para 2 persoas nun establecemento rural da provincia da Coruña almorzo incluído.
- 3º premio: Comida ou cea para 2 persoas nun establecemento da provincia.
A data límite para presentar as candidaturas e ata o sábado, 31 de agosto (incluído), e poderase facer aquí.