A Asociación de Veciños Santa Marta de Seixas organiza unha churrascada popular e fogueira no día de San Xoán, o día 24 de xuño.

Será sobre ás 20:30 horas e como menú poderase gozar de empanada, churrasco, chourizos, patacas, pan, bebida e postre.

O prezo é de 16 euros para persoas socias, 22 euros para non socias e 10 euros para menores de 12 anos.

Inscricións ata o 21 de xuño en 619 87 82 22.