O Concello das Somozas, xunto coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Axencia Galega de Coñecemento en Saúde) organizan unha actividade sobre a Doazón de Órganos.

Terá lugar o vindeiro día 27 de novembro, en horario de 16:00 a 18:00 h, no Salón de Plenos. Na charla abordaranse aspectos coma: Quen pode ser doante, cómo facerse doador, condicións para a doazón, e como funciona o proceso.

A actividade contará c0a enfermeira coordinadora de Transplantes da Área Sanitaria da Coruña. O CHUAC é un dos hospitales que máis transplantes realiza de toda España, sendo un referente en donación. A Doazón de órganos e texidos para transplantes ten unha gran trascendencia sanitaria, social e científica.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse aquí ou ben chamando ao 881 042 066.