Este sábado, 13 de abril, a partir das 19:00 horas, Tocata’xou organiza, en colaboración co Concello de As Somozas e a Asociación de Empresarios, os Cantos de Taberna na parroquia de As Somozas.

A actividade consistirá na interpretación de pezas tradicionais que eran habituais nas reunións en tabernas, romarías e celebracións familiares por parte dos diferentes grupos participantes. Cada un dos grupos acudirá ás diferentes tabernas da localidade no horario establecido.

Os grupos e tabernas que participarán son os seguintes:

Tabernas: Bar Rodela, Bar A Roda, Cervecería O Carballo, Mesón A Esquina, Taberna O Cuartel e Casa Tembrás.

Grupos: Silbarda (A Capela), Airiños do Eume (Pontedeume), Tocata’Xou (As Somozas), No Cómbaro (As Pontes), Arnela (Carral) e O Aghrú das Pepas e máis o Pepe (Narón).