O Centro Cívico Sociocultural das Somozas acolle o 14 de marzo o espectáculo ‘Cantando con Pinocho’ de Cristian Leggiero & Paty Lesta, a partir das 20:30 horas.
‘Cantando con Pinocho’ é un contacontos con música en directo de acordeón e piano no que a Fada de Cabelos Turquesa e Pepino contarán o conto de Pinocho e cantarán cancións inéditas compostas para a ocasión. As cancións tratan os temas da liberdade, os alimentos ou a importancia de perseguir un soño, entre outros. Abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos ensinará un camiño cheo de sensibilidade.
Obra de teatro destianda a público familiar.
Actividade do programa Dinamiz-ARTj, que conta co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).
