Aberto o prazo para solicitar praza na Campaña de Neve 2025 da Deputación da Coruña. Este ano levarase a cabo na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. A actividade inclúe cursos de esquí, transporte, aloxamento, seguros, alugamento de material, manutención durante a estancia e actividades complementarias ou alternativas no caso de que non se poida esquiar.

Ao Concello das Somozas correspóndelle participar na terceira quenda, do 24 ao 27 de xaneiro e na actividade poderán apuntarse os nenos e nenas de 11 a 15 anos, inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2024.
O formulario de inscrición (descargable dende esta páxina), así como a primeira documentación, deberá ser entregado no Concello das Somozas.

As prazas están limitadas e poderanse inscribir todas as persoas que cumpran os requisitos nas bases, antes do 2 de decembro.

Máis información aquí, chamando ao 981 080 319 ou no email de contacto [email protected]