Aberto o prazo para solicitar praza na Campaña de Neve 2024 da Deputación da Coruña. Este ano levarase a cabo na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. A actividade inclúe cursos de esquí, aloxamento, manutención durante a estancia.

Ao Concello das Somozas correspóndelle participar na segunda quenda, do 19 ao 22 de xaneiro e na actividade poderán apuntarse os nenos e nenas de 11 a 15 anos, inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.

As prazas están limitadas e poderanse inscribir todas as persoas que cumpran os requisitos nas bases, antes do 1 de decembro, no Concello das Somozas.

Toda a información aquí ou chamando ao 981 080 319