A Deputación da Coruña organiza os Campamentos Deportivos para este verán 2023.

Está dirixido para nenos e nenas de entre 9 e 14 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014) e terá lugar no IES Rosalía Mera, na Coruña.

A quenda para a rapazada das Somozas será do 2 ao 7 de xullo.

A cota de inscrición é de 85 euros e poderase inscribir ata o 7 de xuño no Concello de Somozas.

Descarga da ficha de inscrición aquí.