O luns, 9 de xuño, abre o prazo de inscrición no Campamento Dixital, unha iniciativa de cibervoluntarios.org
Esta proposta gratuíta, dirixida a rapazada de entre 9 a 17 anos, propón aventuras, misións e retos para que vaian adquirindo novas competencias para utilizar internet e as ferramentas dixitais de xeito útil, creativo, seguro e responsable.
Realizaranse no Centro Cívico Sociocultural das Somozas, en horario de 9:00 a 14:00, e en dúas quendas:
Crianzas de 9 a 13 anos: do 18 de agosto ao 22 de agosto
Crianzas de 9 a 13 anos: do 18 de agosto ao 22 de agosto
Crianzas de 14 a 17 anos: do 25 de agosto ao 29 de agosto
As persoas interesadas poderán inscribirse, do 9 xuño ao 31 de xullo, nas oficinas municipais ou nos teléfonos 981 404 101 (ext2) ou no 981 042 066. As prazas son limitadas cun máximo de 20 persoas asistentes por grupo.