Xa está aberto o prazo de inscrición para a edición do Campamento de verán EF Irmandiños 2026. A actividade desenvolverase nas instalacións do Campo Municipal Manuel Candocia das Somozas do 6 ao 17 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Esta iniciativa multidisciplinar, organizada polo EF Irmandiños en colaboración co Concello, está deseñada para que a rapazada poida practicar diferentes actividades deportivas como fútbol, pádel ou piscina durante a época estival de vacacións.

As prazas son limitadas e poderán inscribirse os nenos/nenas de 6 a 18 anos. Para a rapazada empadroada no Concello das Somozas ou que sexan xogadores/as da EF Irmandiños a inscrición será totalmente de balde. Para o resto de participantes que non cumpran ningunha destas dúas condicións, o custo xeral será de 50 euros por neno/a. Ademais, aplícase un desconto especial por irmáns, polo que se inscriben a máis dun fillo ou filla, o prezo reducirase a 40 euros por neno/a. O prezo inclúe en todos os casos pack de adestramento, seguro e avituallamento.

Podes acceder ao enlace de inscrición do campamento aquí.

Para facer efectivo o pago das inscricións que teñan custo, débese realizar un ingreso ou transferencia bancaria ao número de conta ES49 0081 2238 4900 0129 2136. O titular da conta destinataria é a ESCOLA DE FUTBOL IRMANDIÑOS e é obrigatorio indicar no concepto o texto: “Campamento EFI 2026”.
Para resolver calquera dúbida ou recibir máis información, as familias interesadas poden poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico [email protected].