O Concello das Somozas, a través da súa concellería da área de cultura, ensino, infancia, xuventude e deportes, organiza o Campamento de Verán 2024.

Esta actividade, totalmente de balde, é unha opción idónea para poder conciliar vida laboral e persoal á vez que a rapazada atopa unha alternativa divertida para desenvolver as relación sociais e educativas durante o verán.

As persoas interesadas poderán inscribirse do 10 ao 14 de xuño. 


Calendario: do 1 de xullo ao 2 de agosto (agás a semana do 22 ao 26 de xullo que non haberá campamento).

O horario será de 9:30 a 14:00 horas. Tamén, haberá servizo de madrugadores para o que terá que haber un mínimo de 6 menores inscritos nesta opción, cun horario de 8:00 a 14:00 h (hora de entrada máxima ás 8:45 h).

IDADES : Rapazada de entre 3 e 12 anos (cumpridos no momento da convocatoria).

 

Requisitos:

Crianzas de entre 3 e 12 anos empadroadas no Concello das Somozas.

No caso de quedar prazas dispoñibles os criterios para a aceptación son os seguintes:

1º.- Que mínimo un dos proxenitores traballen no termo municipal das Somozas.

2º.- Crianzas non empadroadas pero que estén escolarizadas no CEIP O Marbán.

 

Máis información e inscricións no Rexistro do Concello de 9:00 a 14:00 horas e tamén na sede electrónica.