O Campamento de Ocio de Verán das Somozas abre as súas portas do 22 de xuño ata o 8 de setembro para ofrecer unha alternativa perfecta para conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. O horario das actividades programadas será de mañá, de 9:30 a 13:30 horas.
Este programa está pensado especificamente para a rapazada de entre 3 e 12 anos. No Centro de Ocio Infantil, os nenos e nenas disporán dunha ampla variedade de propostas, que inclúen xogos cooperativos, talleres de arte e creatividade, así como actividades ao aire libre para aproveitar o bo tempo.
O prazo de inscrición xa está aberto e as familias interesadas poderán inscribirse, ata o venres 12 de xuño, a través da sede electrónica ou de forma presencial no rexistro do Concello.