Publicadas as bases reguladoras da selección do alumnado traballador do Obradoiro de Emprego ‘Eume IV’, promovido polos Concellos das Pontes, As Somozas e A Capela.
O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará a 15 alumnos/as traballadores/as coa realización do proxecto de ‘mantemento dos espazos axardinados en diferentes espazos’.
Preténdese que as 15 persoas participantes adquiran as competencias necesarias para organizar e executar as operacións de instalación, mantemento e mellora das zonas verdes de exterior, controlando a sanidade vexetal, manexando a maquinaria e apeiros de xardinería e cumprindo coa normativa medioambiental, de calidade e de prevención de riscos laborais, tarefas todas elas que constitúen unha demanda constante e incluso crecente dentro do mercado de traballo de As Pontes, A Capela e As Somozas.
Consulta o documento completo aquí.