O Concello das Somozas convoca unha serie de axudas á natalidade, con achegas de ata 3.000 euros, en apoio ás familias do municipio.
Teñen por obxectivo converterse nunha medida complementaria ao apoio familiar e ao fomento da fixación da poboación no termo municipal.
Están destinadas ás familias con crianzas nadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Segundo os diferentes requisitos, estas axudas terán as seguintes cantidades:
- 1.000,00 euros polo/a primeiro/a fillo/a nado/a, adoptado/a ou acollido/a.
- 2.000,00 euros polo/a primeiro/a fillo/a nado/a, adoptado/a ou acollido/a, no caso de padecer unha discapacidade.
- 2.000,00 euros polo/a segundo/a e sucesivos/as fillos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as.
- 3.000,00 euros polo/a segundo/a e sucesivos/as fillos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as, no caso de padecer unha discapacidade.
Poderanse presentar as solicitudes de forma virtual na sede electrónica do Concello das Somozas ou ben de forma presencial no Rexistro das Somozas. Poderanse presentar cun prazo máximo de seis meses desde a data de nacemento, resolución xudicial de adopción ou resolución administrativa de acollemento.
Inscricións de forma virtual: Sede electrónica do Concello das Somozas.
Toda a información na seguinte ligazón: BOP Axudas Natalidade.