Rematado o prazo para a presentación de solicitudes das Axudas a familias para material escolar para o curso 2024/2025 de Educación infantil, Primaria, Secundaria, FP Básica e Bacharelato, así como para gastos de desprazamentos de estudantes de Ciclos medio ou superior e universitarios, iniciase a tramitación dos 44 expedientes pola que se revisará a documentación aportada, e se aplicará o baremo económico establecido nas bases reguladoras da convocatoria.

As contías das axudas van dende 100 euros ata 500 segundo os estudos que se estén a cursar e a capacidade económica das familias.