O sábado, 13 de setembro, a veciñanza das Somozas terá a oportunidade de acudir á función ‘A serie Clopen’, unha produción do Centro Dramático Galego.

Esta actividade, enmarcada no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, desprazará aos veciños e veciñas que o desexen desde As Somozas ata o lugar da actuación, no Salón Teatro en Santiago de Compostela e terá un custo de 5 euros. 

O horario programado da visita é o seguinte:

  • Saída desde o Centro Cívico Sociocultural ás 14:30 horas (prégase puntualidade).
  • Hora función ás 18:00 horas. 
  • Hora de saía tras o remate da función: 20:15 horas aproximadamente. 

Inscricións, ata o 10 de setembro, chamando ao teléfono 881 048 466, ou de forma presencial nas instalacións do Centro Cívico. As prazas son limitadas. 

A serie clopen é un espectáculo multidisciplinar para todos os públicos que conta con Pablo Reboleiro na dirección e cun elenco de sete intérpretes. Acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora. Serie Clopen reflexiona, en tono de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.