O Concello das Somozas poñerá en marcha unha nova edición do taller de habilidades cognitivas e obradoiro de memoria, que estará dirixido a persoas de máis de 60 anos.
A actividade levarase a cabo no Centro Cívico Municipal de Garita os luns e mércores en horario de 15:30 a 17:30 horas.
Este taller formará parte da programación do centro, que cada semana oferta todo tipo de obradoiros para distintos sectores de idade.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 29 de setembro a través do Departamento dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello (981 40 41 01).