A semana pasada rematou a segunda quenda do Obradoiro de Memoria, que despedimos cun momento de convivencia no que non faltaron os petiscos e os xogos. Unha actividade moi valorada polas persoas participantes e que terá continuidade no ano 2026.
Na última parte do ano tamén iniciamos contactos e visitas con profesionais, familias e persoas interesadas para dar a coñecer o noso programa Contra a Soidade non Desexada, #AsSomozasAcompáñate.
Este programa consiste en levar aos fogares das persoas participantes actividades de estimulación da memoria, xogos, paseos terapéuticos e, en definitiva, acompañamento.
O programa continuará durante o ano 2026, polo que as persoas ou familias interesadas en participar ou recibir máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais, onde se lles facilitarán todos os detalles.
Tanto o Obradoiro de Memoria como o programa Contra a Soidade non Desexada están cofinanciados pola Deputación da Coruña.