O Concello das Somozas acollerá unha dobre cita o vindeiro 11 de outubro coa I Xuntanza de Clásicos e a Festa do Lisco.
A Xuntanza de Clásicos dará comezo ás 10:30 horas coa recepción aos turismos na praza do Concello, para as 12:30 horas dar comezo á ruta turística para as persoas participantes. Haberá, ademais, agasallos para todas as persoas participantes.
Pola súa parte, a Festa do Lisco terá lugar desde as 14:00 horas e nela servirase ademais deste produto: empanada, caldo, carne salgada, pan de broa, quixo con marmelo, castañas e bebida por un prezo de 25 euros. Haberá tarifas reducidas para os máis pequenos xa que os nenos e nenas de 7 a 12 anos pagarán 15 euros e os menores de sete poderán comer de balde.
Para inscribirse nestas actividades haberá que chamar ao 679 957 780, 636 598 351 ou 699 054 635. No caso da Festa do Lisco haberá que facelo ata o 8 de outubro.
