As Somozas acollerá este sábado, 19 de agosto, dous tramos da 54 edición do Rallye de Ferrol

Os tramos serán San Sadurniño – As Somozas e As Somozas – As Somozas.
Finalmente, un total de 87 equipos formalizaron a súa inscrición para este 54 Rallye de Ferrol que será puntuable para o Campionato de Galicia de Rallyes sobre asfalto (pilotos e copilotos).
Tamén será puntuable para:
  • Campionato de Galicia de Rallyes de Vehículos Históricos (pilotos e copilotos).
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 1.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 2.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 3.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 4.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 5.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 6.
  • Copa de Galicia de Rallyes para a Agrupación 7.
  • Copa de Galicia de Rallyes para Escudarías.
  • Copa de Galicia de Rallyes para marcas de pneumáticos.
  • Trofeos e Copas de Promoción que designe a FGA

Distancia total do percorrido: 349,64 Kms.
Número total de treitos cronometrados: 7
Distancia total de treitos cronometrados: 102,98 Kms.
Número de seccións: 4
Número de etapas: 2
Número de tramos a recoñecer: 4

Toda a info do percorrido desta edición na web www.rallyeferrol.com