O Concello das Somozas acollerá a VI edición da tradicional Malla no Seixidal este venres, 12 de setembro.
A celebración terá lugar a partir das 11:00 horas e poderán participar todos os veciños e veciñas que o desexen para achegarse a coñecer as labores do campo máis tradicionais do noso municipio.
Na actividade, as persoas expertas levarán a cabo a malla tradicional con máquinas antigas, batendo os cereais ca finalidade de separar o gran do millo para despois poder elaborar a fariña.
Esta é a súa VI edición despois de que o Concello convertera o lugar do Sexidal nun museo etnográfico para mostrar como era a vida e o traballo no campo.