O Slalom de As Somozas afronta a súa cuarta edición o vindeiro 27 de setembro, tras a gran acollida das súas tres edicións anteriores.
A competición, organizada tanto pola Escudería As Somozas, conta coa colaboración do Concello, a Federación Galega de Automobilismo e Xunta de Galicia. Así, trátase dunha proba nacional puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2025 e consta dun circuíto sobre un pavimento plano e asfaltado con obstáculos, onde o piloto ou pilota poderán demostrar as súas habilidades ao volante.
Juan Alonso, alcalde das Somozas, sinala que “o Slalom é un gran atractivo turístico que atrae a xente de toda Galicia ao noso municipio e sitúa ás Somozas como un dos epicentros do motor galego durante esa fin de semana”.
O evento, que da inicio ás 08:00 horas e remata ás 21:45 horas coa entrega de premios, é de carácter nacional e puntuable para o Campionato de Galicia.
Toda a información e regulamento particular aquí.